David Meca convidado de honra na inauguración dos Europolyb

meca250_230608.jpgPONTEVEDRA > Os II Xogos Europeos de Policías e Bombeiros puxéronse esta tarde en marcha en Pontevedra cos pertinentes actos de inauguración. Os participantes concentráronse primeiramente na Alameda para logo desfilar ata a Praza de Toros onde se presentaron os equipos e se leron os discursos.

Deuse por fin o pistoletazo de saída ós II Xogos Eurpolyb. Máis de 2.300 participantes procedentes de 11 países diferentes competirán estes días en Pontevedra en máis de 40 especialidades deportivas. Practicamente tódalas autonomías españolas estarán representadas, ademais de países coma Bélxica, Lituania ou incluso Armenia e Pakistán. Unha festa ó redor de deporte que ninguén se quixo perder esta tarde na Alameda. 

Xa na Praza de Toros leváronse a cabo os tradicionais desfiles e a lectura dos discursos por parte do presidente de Europolyb, José Carlos Baquero, e tamén de dous nadadores ben coñecidos: Pablo Cimadevila, e David Meca, que tomaron parte no xuramento dos Xogos que fixeron xuíces e deportistas..

Tamén houbo tempo hoxe para as reivindicacións. Puidéronse ver ós bombeiros de Pontevedra despregando unha pancarta na que se podía ler: "Pontevedra, a la cola de Galicia en seguridad ante las emergencias".

Agora quedarán sete días para desfrutar do deporte e por qué non, da convivencia e competencia entre compañeiros.

Redacción Salnés