Os Reis Magos traerán importantes novidades á cabalgata de Ribeira

    RIBEIRA> Once carrozas e un tren infantil integrarán a cabalgata de reis de Ribeira. A comitiva real percorrerá as principais rúas do casco urbano acompañada por diversos personaxes de animación, charangas e a banda de música de Barro. Os Reis Magos de Oriente chegarán este ano a Ribeira cargados de novidades. O día 5, as súas maxestades desembarcarán no porto ás cinco e media para posteriormente percorrer as principais rúas do casco urbano a bordo das súas carrozas. Un total de once integrarán a comitiva real na que tamén sairá un tren infantil no que poderán participar nenos de cinco a doce anos. Incorporaranse ó desfile as personaxes das series infantís do momento e catro grupos musicais Incrementarase tamén a cantidade de caramelos a repartir por Melchor, Gaspar e Baltasar dos mil douscentos do ano pasado ata mil cincocentos. Tralo percorrido polo centro do pobo, as súas maxestades saudarán dende o balcón do concello e posteriormente recibirán un a un a tódolos rapaces que queiran achegarse a lembrarlles as súas peticións de cara a esa noite máxica.