O PP da Pobra denuncia o feísmo nos espazos públicos

A POBRA> O PP da Pobra denuncia o feísmo e a falla de mantemento en varios espazos públicos do concello. Critican o cambio das farolas na rúa Venecia, o mal estado dos empedrados das prazas públicas ou os acabados na reforma da sede da policía local.

O cambio das farolas ornamentais da rúa Venecia da Pobra non foi do gusto do PP que critica o resultado da instalación das novas luminarias.

Esta falla de coidado é extensible a outras actuacións como a recente reforma da sede da policía local. Do mesmo xeito, responsabilizan ó goberno local da falla de coidado e mantemento dos espazos públicos como acontece cos empedrados das rúas e prazas que sufriron un importante deterioro coa instalación dos adornos de Nadal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí