Falece un mozo de Valga nun accidente laboral en Aluminios Cortizo

PADRÓN> O suceso producíase ó redor das catro da mañá, e nel perdía a vida un mozo de 22 anos, veciño de Valga, con iniciais E.D.C..

Ó parecer quedou atrapado na máquina na que traballaba, na zona de extrusión, falecendo por esmagamento.

A pesar da rápida chegada dos equipos de emerxencias ó lugar do sinistro, e os esforzos realizados, nada se puido facer por devolverlle a vida, falecendo no punto.

Ademais da Garda Civil de Padrón, tamén interviñeron no operativo Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Padrón e Policía Local.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí