O concello de Caldas creará unha unidade de protección á muller

caldas100_041007_001.jpgCALDAS > O concello de Caldas de reis celebrou hoxe a segunda xunta de seguridade do ano. Unha hora de reunión na que se puxeron en valor …

… os últimos datos rexistrados de delincuencia e seguridade vial que se contemplan dentro do plan conxunto de seguridade aprobado no mes de Marzo. Nesta quenda o alcalde anunciou a creación dunha Unidade de protección á muller.

Unha reunión á que asistiron oficiais da policía local, o subdelegado de goberno entre outras autoridades. Un balance positivo segundo o goberno municipal do labor da policía local e garda civil en materia de seguridade cidadá e vial reducindo as porcentaxes de delitos a un 24 % e as faltas a un 36 % respecto do ano pasado.A expectativa cara os vindeiros meses é de que ámbalas infraccións baixen 2 puntos máis.

Nembargantes ó mais salientable da xuntanza é a creación dun departamento para destinado á muller e vilolencia de xénero Unha iniciativa que contará cunha gran base de datos que facilitará ó acceso á información de cada caso á tódolos organismos competentes

En seguridade vial ratificouse o acordo acado da distribución de territorio para a policia e garda civil ampliando o número de radares .Ámbolos mandatarios felicitaron os dous corpos de seguridade do estado polo esforzo que viñeron facendo nos últimos 3 años en colaboración e en coordinación entre eles para mellorar a seguridade.

Redacción Salnes