EU absterase no pleno de mañá e facilitará a aprobación do presuposto

    orzamento_vilagarcia100_250608.jpgVILAGARCÍA > PSOE e BNG incluirán no presuposto propostas de EU que, coa súa abstención, facilitará mañá a aprobación das contas.

    {flowplayer}images/salnes/presuposto_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > Os orzamentos municipais de Vilagarcía poderán ser aprobados no pleno de mañá. O bipartito conseguiu, alomenos, un principio de acordo con Esquerda Unida. Non votará a favor pero coa abstención dos seus tres edís facilitará a aprobación das contas. O seu portavoz Juan Fajardo afirmou que vixiarán de preto o cumprimento das súas propostas.

    Por unha banda recollen un estudio de viabilidade que busque o modelo máis axeitado de dotar a Vilagarcía de vivenda social. E para iso suprímese a partida que se ía destinar á contratación do asesor do grupo de goberno. Tamén aceptaron recuperar para a xestión directa o servizo municipal de Atención a Domicilio e a incrementarlle a partida en 40.000 euros. O acordo con Esquerda Unida recolle ademais diversas actuacións nos barrios. Pese ó firmado hoxe, Fajardo aclarou que só é un acordo puntual.

    Por parte do goberno, a alcaldesa e mailo portavoz socialista insistiron en que buscarán ata o último momento o apoio do resto de grupos da oposición. Marcelino Abuín adiantou xa que, ó igual que lles pasou con Esquerda Unida, tamén hai propostas do PP que poderían incluír no orzamento.

    VOTO EN CONTRA DO PP

    Pois non opina o mesmo o portavoz do PP, Tomás Fole. O PP de Vilagarcía votará en contra dos presupostos municipais. O seu portavoz Tomás Fole amosouse hoxe indignado por coñecer a última hora o acordo conseguido polo goberno local con Esquerda Unida. Afirma que agora o debate orzamentario cambiou e que PSOE e BNG o terán moi difícil para chegar ó mesmo co PP.

    O portavoz popular indica que o goberno local lle resumiu o seu borrador de presuposto nun folio, no que só se recollen declaracións de intencións. Un papel no que se nomean algunhas propostas do PP pero para deixalas pendentes, caso da dirección de obras. O PP considera que o goberno local deixa de lado problemas que si interesan os veciños como o tráfico, a limpeza ou a promoción turística.

    Redacción Salnés