Os veciños de Rubiáns de Arriba piden a Fomento novos cambios no vial

    VILAGARCÍA > Os veciños de Rubiáns afectados polo vial portuario solicitarán unha entrevista co Ministerio de Fomento nun novo intento de facerse oír. Tras lograr manter algunha entrevista con técnicos que obviaron algunhas das súas peticións como a creación dun único vial de acceso, as súas esperanzas residen agora en que se tomen en consideración as novas propostas.

    Este é o plano do vial da discordia que recolle o plantexamento dos veciños de Rubiáns de Arriba e o Lago para executar unha serie de modificacións no trazado inicial do vial portuario. Un trazado no que poñen todas as súas esperanzas para que se eviten todos os inconvenientes que lles acarrea o tramo. Tras lograr o respaldo dos grupos políticos da corporación municipal solicitan a Fomento que teñan en conta as súas peticións que pasan pola eliminación dunha das rotondas e maila modificación do vial de acceso ó Hospital do Salnés.

    Unhas peticións que, segundo eles, non só non os prexudicaría a eles senón que fai máis razonable o acceso ó Hospital evitando ós enfermos dar un rodeo de máis de un kilómetro para poder acceder ó centro sanitario. Agora só queda convencer a fomento, algo para o que solicitan unha maior axuda do alcalde. Polo momento o primeiro paso presentando formalmente no concello os escritos de solicitude de reunión co ministerio de fomento avalados pola sinatura de máis de 300 veciños.

    Redacción Salnés