Portonovo prepárase para a Festa da Raia, o seu evento máis saboroso

SANXENXO> Portonovo réndese, unha vez máis, ó sabor da raia. A localidade conta os días para celebra-la vixéximo cuarta edición da súa festa, na que se poderá degustar este manxar do noso mar ata en seis variedades diferentes. Este ano dende o Concello queren fomenta-la implicación no evento de toda a veciñanza e dos locais hosteiros da zona.

Caldeirada, empanada, croquetas, salpicón, pastes e tempura de raia con alioli de allo negro. En calquera destas modalidades, Portonovo convida a gozar do sabor da raia. A vixésimo cuarta edición da súa festa vaise celebrar na fin de semana do 4 e 5 maio. O evento celebrarase de novo na lonxa da localidade. Este ano, dende o Concello queren que tódolos veciños e locais se impliquen. Para lograr ese arraigo entre os de Portonovo, a edición deste ano trae novidades. Vanse decorar varias rúas da vila para que os que asistan á festa, ademais de comer, coñezan tódolos encantos de Portonovo. Dende a Confraría convidan a todos os que aínda non coñecen a raia que descubran o seu sabor.

Ademais das degustacións gastronómicas, a Festa da Raia compleméntase con obradoiros, música, unha exposición de maquetas, un xogo de pistas e a Raia Race, esta última unha iniciativa incluída por vez primeira na programación.