Veciños da rúa de Outeiro esixen que se arranxe a vía de acceso ás vivendas

    vecinosouteiro_100_250608.jpgRIBEIRA > Os veciños da rúa do Outeiro, en Carreira, denuncian dende hai case un ano a existencia dunha enorme fochanca no acceso ás súas vivendas.

    {flowplayer}barbanza/vecinosouteiro.flv{/flowplayer}

    Xa non saben o que facer. Dende hai case un ano os veciños da rúa Outeiro en Carreira deben convivir cun socavón de considerables dimensións, un feito que supón un serio risco para os vehículos e peóns que diariamente circulan e transitan por ela.

    Ruídos e cheiros

    A pesar das reiteradas denuncias realizadas polos propios residentes da zona no concello, polo de agora non se fixo nada por remedialo. Unicamente se instalaron unhas chapas de ferro sobre os buracos, que en vez de soluciona-lo problema provocan maiores atrancos, xa que, cada vez que pasa un vehículo, prodúcese un ensordecedor ruído que impide concilia-lo sono ás xentes dos arredores. A este problema súmase ademais o dos atascos na rede de sumidoiros, debendo soporta-los veciños uns cheiros insoportables case a diario.

    Iniciativa plenaria

    O BNG de Ribeira tamén se fixo eco das denuncias dos propios veciños e a través dunha iniciativa plenaria vén de demandarlle ó executivo local o arranxo inmediato da rúa. Para os nacionalistas este é un exemplo máis da deixadez coa que está actua-lo goberno local, que a pesar das numerosas queixas da veciñanza, segue ser darlle unha solución ó problema.

    Para os nacionalistas o goberno municipal debería de asumir este arranxo, e logo saldar contas coa empresa responsable da situación, ben sexa Fenosa ou Aguagest, e non agardar máis tempo, xa que o único que se está a provocar son prexuízos para os veciños do lugar.

    Redacción Barbanza