AMBAR chama a participar na 9ª Carreira pola Diversidade

RIBEIRA> Ribeira acollerá este domingo a novena carreira pola diversidade que organiza a asociación AMBAR. Ademais da categoría absoluta e inclusiva, a proba incorpora este ano a posibilidade de realizar unha andaina, con ou sen mascota.

Un ano máis, o deporte e a solidariedade irán da man na Carreira pola Diversidade que organiza AMBAR en colaboración co concello de Ribeira.

A explanada de Coroso será o punto de partida das distintas probas que darán comezo ás dez da mañá. Ademais das carreiras infantís, absoluta, handbike e cadeira de rodas, este ano incorpórase a andaina con o seu mascota.

Ademais da recadación a través das inscricións, cun custo de sete euros e medio, pódese colaborar a través do dorsal cero con diferentes donativos.

O alcalde Manuel Ruíz animou á cidadanía  a participar nesta proba na que el xa está inscrito, xunto a corredores como Javi e Marina, integrantes do equipo de running de AMBAR.