Martín promete unha presentación concisa ante a presión da Eurocopa

    telmo_martin_sede_pp_100.jpgPONTEVEDRA > Bastante breve, calcúlase que durará menos de media hora, será a presentación que fará o presidente dos populares pontevedreses, …

    … Telmo Martín, sobre a nova localización que vai propoñer o partido para Ence. A causa, as semifinais da Copa de Europa nas que xoga España, ás nove menos cuarto da noite. Salvo este dato, poucos detalles novos se lle escaparon esta mañá ó popular, polo que o segredo permanecerá ben gardado ata mañá.

    No auditorio de Caixanova, onde xa presentara nas pasadas eleccións municipais o seu proxecto da Nova Pontevedra, mostrará cal é a súa alternativa para situar á industria de celulosas. Un lugar que estará dentro do concello, que non suporá riscos de contaminación para a Ría, e que medirá un mínimo de 30 hectáreas, as que ocupa actualmente Ence. Unha localización, volveu a subliñar, viable e sostible que paliará tres dos principais inconvenientes da fábrica: o seu impacto paisaxístico, os cheiros e a contaminación á Ría.

    O obxectivo do proxecto que vai presentar mañá Telmo Martín, que tampouco coñecen os directivos de Ence, é o de convencer ós pontevedreses da conveniencia da fábrica no concello. O motivo, o impacto económico que ten para a localidade, e para toda Galicia, o sector forestal. Tanto o presidente do PPdG, Alberto Núñez Feijóo, coma o Presidente da provincial, Rafael Louzán, van estar mañá no acto apoiando o proxecto do grupo municipal, ó que tamén están invitados outros axentes sociais e empresarias do concello.

    Redacción Salnés