A totalidade da vía rápida do Barbanza estará operativa dende a próxima semana

    aperturaviarapida_100_300608.jpgBARBANZA > A Conselleira de Política Territorial anunciou en Ribeira a apertura do treito da vía rápida entre Ribeira e Boiro dende este luns.

    {flowplayer}barbanza/aperturaviarapida.flv{/flowplayer}

    BARBANZA > A Conselleira de Política Territorial anunciou en Ribeira a apertura do treito da vía rápida entre Ribeira e Boiro dende este luns. Dende as dúas da tarde do luns, os condutores que circulan entre Boiro e Ribeira xa o poden facer pola súa principal vía de comunicación. Este tramo de 17 quilómetros da vía de alta capacidade do Barbanza abriu ó tráfico sumándose ó treito entre Dodro e Rianxo que permanece operativo dende o mes de marzo. Queda por tanto un treito de seis quilómetros, entre Rianxo e Boiro, que segundo anunciou a propia conselleira de Política Territorial abrirase á circulación durante a próxima semana.

    No treito que este luns se abriu ó tráfico estarán operativos tódolos enlaces agás dous: Pobra Sur e Palmeira. Os condutores poderán circular por unha das calzadas do trazado da nova autovía, con dous carrís, dun sentido de circulación cada un.

    Extrema-la precaución

    A apertura da totalidade da vía prodúcese de xeito indefinido polo que non está previsto que se volte a pechar ó tráfico salvo cortes puntuais derivados das necesidades das obras. Neste sentido, María Xosé Caride apelou á prudencia dos condutores lembrando quese trata dunha vía en obras na que é preciso extrema-la precaución. Así mesmo, quixo agradecer ós veciños do Barbanza a súa paciencia ante as molestias derivadas do peche da vía e anunciou que a nova autovía estará en funcionametno en xaneiro de 2009.

    Incumprimento dos prazos

    Pola contra, dende o Partido Popular, non comparten esta visión tan optimista e denuncian que se están a incumprir sistematicamente os prazos anunciados por Política Territorial. O voceiro do PPdeG, Manuel Ruíz, lembrou que o ente autonómico comprometérase a poñer en servizo todo o trazado durante o mes de xuño, mentres que o treiro Boiro – Rianxo segue pechado.

    {flowplayer}barbanza/ruizaperturaautovia.flv{/flowplayer}

    Ademais o portavoz dos populares acusou á Conselleira de Política Territorial de protagonizar ‘actos propagandísticos’ para ocultar unha deficiente xestión malgastando os cartos públicos.

    Ruíz Rivas tamén cuestionou que a apertura do tramo entre Ribeira e Boiro non vaia acompañada dos enlaces proxectados. Neste sentido, considera que a vía tería que estar totalmente operativa despois do suposto trato de favor dispensado pola Xunta á empresa construtora co peche total da estrada.

    Redacción Barbanza