VILAGARCÍA > A quinta edición da Vilagarcía Basket Camp quedou ofcialmente inaugurada este domingo trala presentación feita onte no Pavillón de Fontecarmoa. E hoxe pola tarde os rapaces xa pudieron desfrutar da visitas de dúas estrelas da ACB: Carlos Suárez e Germán Gabriel.
Xa está en marcha a Vilagarcía Basket Camp. A organización levou a cabo onte o acto de apertura coa presencia de máis de dous centenares de rapaces, acompañados moitos deles por seus pais.
Como xa foi habitual nas edicións que precederon a esta, non só haberá nenos de Vilagarcía e Pontevedra, senón chegados dende tódolos puntos da xeografía galega, española e portuguesa.
Onte foron presentados os adestradores e técnicos que impartirán as clases durante o campus, momento no que houbo un emotivo recordo a Toa Paterna, director nesta área nas últimas catro edicións pero que este ano non puido asistir por unha grave enfermidade; o seu lugar foi tomado polo actual técnico do Inlega, Juan Espiñeira. Hoxe pola mañá e pola tarde os rapaces puideron compartir cancha con dúas verdadeiras estrelas da ACB: o xogador do Estudiantes, Carlos Suárez e o pívot do Unicaja, Germán Gabriel.
Despois de ser entrevistados polos rapaces, ambos xogadores deixaron Vilagarcía, prometendo volver o ano que ven. Agora, adestrarán e mellorarán de cara ó mércores, xa que será o día na que Marcelo Nicola, ex de Tau e Barça, visite o campus.
Redacción Salnés