NOIA> O sector do moble recupera a actividade coa apertura das tendas físicas onde as vendas non terminan de arrancar. En ‘Muebles Olmedo’ de Noia dispoñen tamén de fábrica polo que seguen a traballar nos pedidos que tiñan pendentes.
Muebles Olmedo abriu as súas portas coincidindo co arranque da fase un. Aínda que as vendas son tímidas polo momento, si constataron o goteo de clientes movidos máis pola necesidade de cambiar algún moble que polo afán de redecorar os seu fogares.
Esta firma non tivo que reducir persoal posto que dispón tamén de taller de fabricación polo que segue traballando nos pedidos que xa tiña contratados antes do estado de alarma. Agora con prazos máis desafogados posto que moitos clientes de fóra non saben cando poderán acudir á súa segunda residencia.
Unha vez rematados os proxectos en marcha, non saben como evolucionarán as novas encargas. Polo momento, o futuro é incerto ante o inestable panorama económico que non anima ás familias a investir.