A Mancomunidade do Salnés instala pantallas táctiles nas oficinas de turismo

    mancomunidade100_010708.jpgCAMBADOS > A Mancomunidade do Salnés continúa apostando polas novas tecnoloxías para amosar os encantos da comarca …

    {flowplayer}images/salnes/novo_sistema_mancomunidade.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS > A Mancomunidade do Salnés continúa apostando polas novas tecnoloxías para amosar os encantos da comarca ós visitantes. Hoxe presentaron a pantalla táctil, un novo sistema de información e sinalización turística. A primeira estrouse esta mañá na oficina de turismo de Cambados.

    O visitante atopará toda a información que precise sobre as diferentes ofertas de ocio e turismo que ten o Salnés. Datos que incluso poderán levarse no propio móbil a través de bluetooth. Por suposto non falta información dos diferentes establecementos hostaleiros que ten a comarca. A Mancomunidade conectou a este novo sistema o seu programa O Salnés a Medida, que deseña paquetes turísticos. As empresas e establecementos do sector que se adhiran a este programa terán directamente a súa información nas pantallas das oficinas de turismo.

    A previsión é que a partir da vindeira semana tódalas oficinas de turismo da comarca conten con este innovador sistema de información.

    Redacción Salnés