A alcaldesa non convocará o pleno que pedía o PP por consideralo ilegal

CAMBADOS> A alcaldesa non convocará o pleno que pedía o partido popular por consideralo ilegal. Fátima Abal entende que as acusacións de relación cunha empresa pantasma están dirixidas ó seu marido e non a ela. Os populares responden acusándoa de querer agocharse e de mentir.

Un informe elaborado polo vicesecretario da de Deputación de Pontevedra fai que a alcaldesa de Cambados de marcha atrás, e non convoque o pleno extraordinario solicitado pola oposición. Fátima Abal asegura que o pleno sería ilegal e que de convocalo estaría motivando un delito de prevaricación

A rexedora socialista considera que estas acusación contra o seu marido son vertida polo PP. Unha estratexia para facerlle dano e conseguir a alcaldía.

Dende o Partido Popular responden a alcaldesa e consideran que se está agochando. Creen que o informe é unha escusa para non ter que dar explicacións.

O líder dos populares en Cambados tamén defendeu ó seu partido das acusacións da alcaldesa. Asegura que eles nunca mentiron e que so contaron o que publicaban os medios.

Esta nova polémica prodúcese a só tres meses das elección municipais.