‘A Cariñosa’ adxudícase a victoria na Volta á Illa

dornas250_010708.jpgA ILLA > Volveu a Volta á Illa de Dornas a Vela, na súa vixésimocuarta edición. Máis de medio centenar de embarcacións tomaron parte nunha competición que se disputou baixo unhas óptimas condicións climatolóxicas.

Voltou unha das competición máis emblemámnicas de vela de cantas se disputan na nosa comunidade, a Volta Á Illa de Arousa de Dornas a Vela. Esta foi a súa vixésimocuarta edición.

De novo foi un éxito de participación e organización, por algo está considerada como a nai de todas cantas regatas se disputan nesta especialidade. Máis de 50 barcos, que se traduce en algo máis 100 participantes, encheron de corido a zona do Bao, lugar de onde se deu a saída e onde se situou a chegada.

Ó igual que sucedeu na pasada edición a dorna ‘A Cariñosa’, tripulada por Victor ‘O Cho’ e Checo leváronse a victoria despois de culminar unha gran remontada a partir do Faro de Lobeira.

Ata entón a proba estivera dominada por ‘A Nécora’, de Braulio e Harry, que finalmente se tiveron que conformar coa segunda posición. O tempo empleado por A Cariñosa non chegou nin ás tres horas, un rexistro extraordinario e que fala as claras da calidade dos regatistas e tamén das boas condicións de vento que se atoparon durante a tarde do sábado. A dorna ‘A Pereca’ foi terceira, completando así o poidum e confirmando o gran dominio das embarcacións locais sobre o resto.

Centos de persoas seguiroin a proba dende terra, onde tamén se deixaron ver o propio alcalde, Manuel Vázquez ou á Directora Xeral para o Deporte, Marta Souto, que non perdeu detalle da competición.

Redacción Salnés