A Praia do Preguntoiro de Vilaxoán non recibirá o tan demandando aporte de area

VILAGARCÍA> Costas non realizará o aporte de area na praia do Preguntoiro en Vilaxoán. O alcalde de Vilagarcía asegurou que o concello estudará a mellor maneira para corrixir os tubaxes de augas pluviais que son o motivo do conflito. A bandeira azul non corre perigo.

A praia do Preguntoiro en Vilaxoán quedarase sen o demandado aporte de area. O motivo polo que Costas non realizará esta actuación son as tubaxes de augas pluviais do areal. A administración esixe ó concello que resolva o problema.

O alcalde asegura que o concello estudará a mellor maneira para corrixir este problema.

Segundo o rexedor socialista, este feito non suporá ningún problema para que a praia do Preguntoiro manteña a bandeira azul.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí