A xuíz ordena o derrube dun edificio en Rianxo por infrinxir a legalidade

    derrubeedificiorianxo_100_010708.jpgRIANXO > O tribunal do contencioso administrativo vén de ordenar o derrube dun edificio posto que a licenza de edificación non se axusta á legalidade.

    {flowplayer}barbanza/derrubeedificiorianxo.flv{/flowplayer}

    A sentenza emitida polo xulgado do contencioso administrativo número un de Santiago de Compostela venlle a dar a razón a un grupo de veciños que interpuxo un recurso contra a concesión da licenza de construción nun inmoble na rúa Carbaxales de Arriba de Rianxo.

    Na súa resolución, o tribunal ordena a reposición á situación anterior ó comezo das obras o que supón o derrube da construción que está practicamente finalizada, por non axustarse á legalidade urbanísitca vixente.

    Chan non urbanizable

    Entre as infraccións que sinala o xuíz figura o incumprimento da distancia mínima de lindes, o exceso de edificación e mesmo que a parcela na que se ubica está afectada por Costas dado que se trata de chan urbano non consolidado.

    Reiteradas denuncias

    A sentenza foi valorada de xeito moi positivo polo grupo municipal do Partido Popular que, en reiteradas ocasións, xa denunciara a existencia de irregularidades na construción deste e doutros inmobles. E é que xa existen varias sentenzas en contra das licenzas concedidas polo concello como é o caso dos edificios ‘Os Pinos’ situados en Rianxiño, a urbanización Virxe da Guadalupe ou o taller de pedra Ramos.

    Informes favorables

    Pola súa banda, dende o concello teñen pensado recorrer a sentenza posto que a licenza foi concedida con tódolos informes técnicos e xurídicos favorables, tal e como acontece con tódolos permisos emitidos polo executivo local.

    Redacción Barbanza