Nenos e maiores disfrutarán na Pobra dun maio cargado de cultura

POBRA> Máis de seiscentos escolares de infantil e primaria asistirán ós espectáculos infantís programados polo departamento de cultura da Pobra durante o mes de maio. O día oito abrirán o cartes Odaiko e Fantoches Baj con Mar Adiante. Ademais das actividades programadas especialmente para escolares, polas tardes desenvolveranse espectáculos para tódolos públicos: o día 11 de maio Talía Teatro levará a escena ‘Pelos na lingua’, o dezaseis tocaralle a quenda ó circo de Vaia Banda mentres que o día 25 pecharán o ciclo Dinamo teatro con ‘Inmedioteces, Cousas Veredes’. Ademais destas actividades, enmarcadas na rede cultural da deputación e no programa ‘Cultura no camiño’ da Xunta, o cine elma acollerá outras propostas a iniciativa das asociacións do municipio.