Rouban no IES Espiñeira dous portátiles e un proxector

     BOIRO> A Garda Civil está xa coas investigacións para dar co autor ou autores dos feitos

    {flowplayer}barbanza/rouboiesespinheira.flv{/flowplayer}

    O persoal administrativo e de conserxería do IES Espiñeira en Boiro levouse esta mañá unha desagradable sorpresa. Nada máis abrir as instalacións, decatáronse de que tiveran a visita dos amigos do alleo, que conseguiron acceder ó interior do centro educativo forzando unha das portas exteriores do edificio que dan entrada á cafetería. Unha vez dentro, fixéronse con dous ordenadores portátiles e un proxector, así como uns douscentos euros en metálico. Sen ter feito aínda balance, a dirección do centro valora que o botín podería ascender a uns tres mil euros. 

    Investigacións

    A Garda Civil de Boiro investiga xa os feitos, despois de presentada a correspondente denuncia por parte da dirección do centro. Dáse a circunstancia que esta era a primeira vez que este instituto boirense sufría a visita dos cacos.

    Redacción Barbanza