BARBANZA > Xornada negativa esta pasada fin de semana para os equipos da comarca do Barbanza na liga de Rexional Preferente. Boiro e Ribeira perdían por idéndico resultado, dous a un, co Quiroga e co Sada respectivamente, mentres o Flavia non pasaba do empate sen goles ante o Vizoño.
Dos tres conxuntos o único que xogaba na casa foi o Atlético Ribeira que se veu superado na Fieiteira polo Sporting Sada por dous goles a un.
O autor do dous goles do conxunto coruñés foi Pablo Lorenzo, o primeiro deles no minuto sete da primeira metade e o segundo no 57.
O conxunto ribeirés conseguiu recurtar distancias na recta final do encontro no minuto 78, grazas a un gol de penalti convertido por Manu.
Este resultado sitúa ó conxunto ribeirés na décimosexta posición con 19 puntos. A vindeira semana xogará en Lugo contra o Castro.
Pola súa banda o Club Deportivo Boiro caía derrotado polo Quiroga por dous goles a un. Rober en dúas ocasión adiantaba ó conxunto lucense, mentres que Carolo no tempo de desconto foi o autor do gol da honra para os boireses.O resultado deixa ó equipo de Tono Ínsua na sétima praza con trinta puntos.
Redacción Barbanza