Pedro Fernández asume a xefatura do corpo da Policía Local da Pobra

    novoxefepolicia_100_010708.jpgPOBRA > Pedro Fernández Iglesias será o novo xefe da policía local da Pobra. Este martes tivo lugar o acto de toma de posesión do cargo.

    {flowplayer}barbanza/novoxefepolicia.flv{/flowplayer}

    Pedro Fernández Iglesias asumirá a xefatura do corpo da policía local da Pobra. Este axente, de 52 anos e natural da parroquia de Palmeira, leva 26 anos formando parte do corpo da policía local de Ribeira nos que as referencias da súa folla de servizos avalan a profesionalidade do novo xefe da policía local da Pobra.

    No acto da xura do cargo, celebrado este martes no concello pobrés estiveron presentes varios membros dos corpos de seguridade na comarca así como diversos representantes do executivo. Entre eles, o alcalde, Isaac Maceiras, quen desexou grandes éxitos a Pedro Fernández nesta nova etapa.

    Con respecto ás numerosas baixas na plantilla, o alcalde informou de que o novo xefe disporá de tódalas atribucións para reunirse cos axentes de baixa e tentar retomar a normalidade no corpo da policía pobresa.

    Redacción Barbanza