Uns corenta nadadores participarán na terceira edición do Arousaman

RIBEIRA> A cita deportiva, consistente nunha travesía a nado entre Ribeira e o Grove, terá lugar o próximo 27 de xuño. O evento ten como obxectivo dar visibilidade o dano cerebral adquirido.

O vindeiro 27 de xuño daranse cita en Arousa uns corenta nadadadores procedentes de catro países diferentes para participar na terceira edición do Arousaman. Esta proba deportiva de gran dureza consistirá nunha travesía a nado entre O Grove e Ribeira cun obxectivo solidario: dar visibilidade ó dano cerebral adquirido.

A saída está prevista para as 9 da mañá dende o Grove. Os nadadores invertirán ó redor de catro ou cinco horas e completar o percorrido non exento de dificultades como as correntes ou as baixas temperaturas. No acto de presentación participaron tamen membros da asociación Sarela, que leva anos traballando con pacientes e familiares aqueixados desta doenza. Informaron ademais que dende hai varias semanas o colectivo dispón no hospital do Barbanza duna mesa informativa sobre esta enfermidade, tódolos martes de dez da mañá a unha da tarde.

Comments are closed.