Presentada hoxe a XIV Baixada do Río Umia

baixada250_010708.jpgRIBADUMIA > A Sala de Xuntas do Concello de Ribadumia acolleu esta mañá a presentación de XIV Baixada do Río Umia. Á competición, que se disputará este vindeiro sábado, acudirán más de douscentos padexeiros representando a trinta clubes de toda Galicia.

Como é habitual nesta datas, chega a Baixada do Río Umia, unha proba que xa é todo un clásico dentro do calendario autonómico de piragüismo. Os case 250 padexeiros que se darán cita loitarán por levarse o Campionato Galego de veteráns, por unha banda, e o Campionato Galego de Ríos, Descensos e Travesías.

Na presentación de hoxe, ademais da alcadesa Salomé Peña e o vicepresidente da Deputación de Pontevedra José Juan Durán, estiveron presentes os presidentes da Federación Galega e Española de Piragüismo e o do club organizador, Náutico O Muíño, que entre bromas, dixo que unha proba que medra deste xeito, ano a ano, merece ser incluida no calendario nacional. A resposta non puido ser máis positiva, xa que Santiago Sanmamed, preseidente da Federación Española, comprometeuse a estudiar a proposta para traer a Ribadumia o Campionato Nacional. 

No estrictamente deportivo, a saída darase na Praia Fluvial de Portas ás 18:00, mentres que a chegada ás instalacións do club en Cabanelas calcúlase que será sobre as 20:00.

Antes, o venres ás 19:00, farase unha ofrenda floral en recordo ó malogrado padexeiro José Manuel Torres "Iño". Ademais, colocarase unha meta volante especial co seu nome, premio que se levará a primeira muller que a cruce.

Todo listo por tanto para que dé comezo o espectáculo, nun percorrido bonito como poucos e este ano ademais, algo máis adecentado que os anteriores debido ás labores de limpeza que se levaron cabo.

Redacción Salnés