A Cptopt ultima o anteproxecto da futura lei de transporte público de viaxeiros

    lores_caride_100.jpgPONTEVEDRA > O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ven de resumir a última xuntanza mantida con representantes da CPTOPT

    …na que abordaron xunto cos alcaldes das outras grandes cidades galegas, o que vai a ser a futura lei de transporte público de viaxeiros. Unha medida que virá a optimizar este recurso e que suporá unha mellora importante no servicio ós pasaxeiros.

    Esta reunión xurdiu da necesidade de optimizar este medio de locomoción público que arestora experimenta un deterioro progresivo, para que supoña un verdadeiro servicio á poboación é que axude a diminuír o número de utilitarios polas grandes núcleos urbáns para os pequenos desprazamentos. No caso concreto de Pontevedra, o Alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, describiu esta necesidade como urxente é básica para a cidadanía.

    O rexedor pontevedrés salientou que esta medida do goberno galego chega cun relevante atraso sobre o previsto, pero que no caso concreto desta cidade a súa implantación ía a ser máis doada, ó non existir arestora ningunha empresa de transportes de caracter municipal. A

    s negociacións para ultimar os detalles da súa implantación en Pontevedra agárdanse que comecen xa o mes que ven. Con todo, Fernández Lores adiantou varios puntos que se van a barallar na posta en marcha deste servicio nesta cidade; como son a existencia dun único billete para circular por toda a cidade e a periferia, e que, entre outros detalles, a rede conte con liñas circulares e intercambiadores situados en lugares estratéxicos.

    Redacción Salnés.