Cultura confirma que as canteiras de Xiabre afectan ós petroglifos

    xiabre100_030708.jpgVILAGARCÍA > A Consellería de Cultura confirma que a canteira Espiño e dous permisos de investigación para futuras explotacións afectan

    … a territorio con elementos do patrimonio arqueolóxico catalogado ou localizado desde hai tempo. Así o informa hoxe a Asociación Cultural Barosa. U

    n informe da Consellería de Cultura confirma que parte da cuadrícula da canteira Espiño invade a zona dos petroglifos de Sobreiras, no monte Xiabre. A Asociación Cultural Barosa, quen denunciara esta situación, non se estraña disto xa que o informe valorativo da prospección arqueolóxica para o estudio de impacto ambiental realizada no ano 99 só incluíu unha parte das cuadrículas do ámbito da concesión. O informe de Cultura confirma tamén que o permiso de investigación concedido por Industria en 2007 a Hormigones Valle Miñor, en Vilagarcía, afecta alomenos a 6 laxes con gravados no Outeiro das Bestas.

    O mesmo pasa con outro permiso denominado Milagrosa 3000, que abarcaría 9 cuadrículas mineiras en terreos de Vilagarcía e Caldas e afectaría a 5 mámoas e ó castro de Gaiba, ademais de ó conxunto das pedras roibas. A asociación advirte ademais que outro permiso, neste caso na parroquia de Saiar, que está pendente de resolución de concesión para 4 cuadrículas mineiras afectaría ó petroglifo da laxe dos bolos. Un patrimonio arqueolóxico, que segundo o informa de Cultura, tamén resultou afectado durante o campionato de España de Trial feminino.

    Redacción Salnés