As empresarias galegas enfróntanse á violencia de xénero

VILAGARCÍA> As empresarias galegas enfróntanse á violencia de xénero. A asociación organiza en Vilagarcía unha xornada centrada nesta lacra. Terá lugar o xoves 21 no restaurante A Batea a partir das 16:30 horas.

Os teitos de cristal comezan a romperse. As mulleres non cesan na loita pola igualdade e enfróntanse a aqueles que tratan de frealas. Seguindo con esta loita, a asociación de empresarias de Galicia convoca unha xornada en Vilagarcía titulada Novas Miradas cara á violencia de xénero.

O que se busca con esta xornada é sacar á luz todos os problemas que sofren as mulleres.

A xornada terá lugar o xoves 21 a partir das 16:30 no restaurante A Batea. Divídese en tres partes. A primeira estará  dedicada á violencia e a educación e será impartida por Paula Suárez. A segunda tratará sobre a realidade xurídica na violencia de xénero.

A última das partes será un taller videofórum sobre os novos modelos de mulleres.

A violencia de xénero é un problema que nos atinxe a todos. Por elo os talleres non están enfocados unicamente para mulleres.

Unha vez rematados os talleres, os asistentes poderán degustar dun viño nunha sesión de peche para intercambiar opinións e compartir experiencias.