46 detidos en tres operacións contra o narcotráfico en once días

    PONTEVEDRA >A presión exercida polas forzas de seguridade sobre o narcotráfico permitiu desmantelar tres operacións en once días. O resultado ata o momento é de 46 detidos, a incautación de 120 quilos de cocaína, 470 de haxíx, unha pistola, vehículos, teléfonos móbiles, contedores, planadoras e material para seguir investigando sobre as organizacións dedicadas  a este delicto.

    Durante once días as forzas de seguridade dirixidas pola Unidade de drogas e crime organizado (UDYCO) desvincularon tres bandas que se estendían a Marruecos, Portugal, Valencia, Málaga e País Vasco e integradas por individuos procedentes de Galicia, Brasil, Colombia, Euskadi,Madrid, Pamplona e Ponferrada. As operacións denominadas Gaviota, Aldara e Murias permitiron deter a 46 persoas entre os vinte e os sesenta anos de idade.

     

    A operación Gaviota foi dirixida dende Pontevedra. As actuacións iniciáronse o pasado 14 de decembro. Tratase dunha organización que vai dende o grao medio ata o máis alto e da que se incautou dende medio quilo de cocaína nunha primeira actuación ata os 17 quilos da  última. A operación iniciouse en Monteporreiro e estendía as súas vendas por Pamplona, Ponferrada, León e Ourense. Rematou con 28 detidos e o descubrimento dun laboratorio situado nun edificio de aluguer no Concello de Sanxenxo.

     

    A segunda operación denominouse ALDARA. Trátase dunha investigación que se levou a cabo dende A Coruña. O día 20 de decembro entraba un contedor cun sistema de gancho cego ou o que é o mesmo coa droga escondida dentro doutra mercancía. As catro detencións leváronse a cabo en Valencia e Galicia. A última operación denominada MURIAS consistiu na desmantelación dunha empresa de transporte marítimo de sustancias estupefacientes dedicada a cocaína e o haxíx. Ata o momento hai dez detidos dos que se atopan tres mulleres e un home con nacionalidade brasileira e o coñecido Ramón Baúlo, el  “flaco”. As tres operacións leváronse a cabo grazas a especialización das unidades de seguridade e a coordinación entre os corpos.

    Redacción Salnés