O BNG presenta unha denuncia polo caso Pinar de Maza

    CAMBADOS> Exixen responsabilidades penais contra aqueles que consideran culpables por ter actuado de xeito irregular nestes terreos.

    {flowplayer}images/salnes/BngXulgadosCambados_291112.flv{/flowplayer} 

    O caso de Pinar de Maza era denunciado polo BNG no mes de abril de 2012. Dende a formación nacionalista apuntaron a diferentes cargos do PP, entre eles o alcalde cambadés ou o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, como responsables de ter actuado de xeito irregular nestes terreos, destinados á plantación de vides, tanto en materia medioambiental, como patrimonial e urbanística.

    Con todo a denuncia non está dirixida contra ningunha persoa nin administración. Dende o BNG poñen exclusivamente en coñecemento da xustiza o que eles consideran unha actuación irregular.

    Víctor Caamaño asegurou que con esta denuncia presentada, o BNG pon fin a este proceso e o deixa definitivamente nas mans da xustiza, se ben estarán pendentes dos problemas que se vaian derivando das obras que en Pinar de Maza se están a acometer.

    Redacción Salnés