Boas capturas no arranque da campaña da volandeira

    CAMBADOS> O arranque da campaña da volandeira deixa bo sabor de boca en Cambados. As capturas da primeira xornada superaron as do ano pasado, situándose preto dos 4.000 kilos. Os prezos tamén se comportaron, quedando nos 3,50 euros de media.

     

    Os mariñeiros de Cambados, satisfeitos co arranque da campaña da volandeira. A primeira xornada deixou as capturas nun bo nivel, facendo da lonxa de Tragove o centro da maior parte das vendas.

    Nesta primeira xornada, as capturas superaron ás rexistradas o ano pasado, segundo os rexistros da rula cambadesa.

    Os bos datos déixanse notar no ánimo dos mariñeiros das trinta e sete embarcacións que chegaron onte coas súas capturas a Cambados, satisfeitos tamén coa calidade da volandeira recollida.

    Menos positivo foi o balance no peixe. A lonxa apenas recibiu faneca, pescadilla ou choco.

    As capturas de faneca e pescadilla roldaron os 100 kg. As de choco non superaron os 400.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/03/campana_volandeira_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/03/campana_volandeira.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí