A parella de ladróns do Salnés estaba buscada xa no Levante

     PONTEVEDRA> A parella de toxicómanos que acometeu ata unha decena de roubos no Salnés no último mes ven de pasar a disposición xudicial, …

    {flowplayer}images/salnes/detencion_ladrons.flv{/flowplayer}

    …tras ser detida na Comarca do Deza cando fuxía da policía. Os presuntos ladróns M.A.S.L.e C.C.R. conducían aínda desas o Toyota Yaris negro que terían roubado en Pontevedra, aproveitando un descoido da propietaria que deixara outras tres persoas dentro do vehículo ca chaves no contacto. Á falta do informe policial, a Subdelegación do Goberno ven de aportar novos datos sobre o seu modus operandi.

    Ó parecer segundo as primeiras pesquisas os dous ladróns, coñecidos xa popularmente como os “Bony and Clyde do Salnés” delinquirían a unha media e dous roubos por semana; en moitos deles empregando mesmo a violencia.

    Malia estaren en busca e captura cinco días e teren burlado o cerco policial volvendo a asearse á casa que tiñan alugada en Cambados; desde a representación do Goberno Central gabaron o traballo do amplo dispositivo policial que deu na súa detención nas últimas horas.

    Redacción Salnés