Caixanova e a FGCN colaboran no cluster contra o narcotráfico

    firma100_040708.jpgVILAGARCÍA > A Fundación Galega contra o Narcotráfico renovou esta mañá o seu convenio de colaboración con Caixanova

    {flowplayer}images/salnes/narcotrafico_caixanova.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > A Fundación Galega contra o Narcotráfico renovou esta mañá o seu convenio de colaboración con Caixanova. O presidente do colectivo José Manuel Siso aproveitou para entregarlle ó representante da entidade financeira o proxecto de creación dun cluster que aglutine a tódalas fundacións e colectivos dedicados á loita contra o narcotráfico, a prevención e o tratamento de drogodependentes. Un proxecto que está xa a elaborar a Escola de Negocios de Caixanova.

    A Fundación tamén lle entregou a Caixanova unha memoria das actividades realizadas ó longo do pasado ano, centradas na denuncia e represión social do narcotráfico, o asesoramento a drogodependentes, e na prevención. Entre as accións desenvolvidas Nogueira destacou os debates e a camnpaña panos brancos. Accións coas que Caixanova pretende seguir colaborando.

    Redacción Salnés