O sábado Vilanova, Vilagarcía e Caldas bailarán capoeira

    VILANOVA> A danza, a música e as acrobacias… todas xuntas e mesturadas estarán presentes, esta fin de semana, nos concellos de Vilanova, Vilagarcía e Caldas. Estas tres vilas acollerán un curso aberto de capoeira.

    Un arte-marcial afro-brasileiro… así definen algúns, o que hoxe coñecemos como “capoeira”. Os concellos de Vilanova, Vilagarcía e Caldas acollerán esta fin de semana un curso aberto desta modalidade, para todo aquel que queira asistir. 

    Vilanova será o municipio no que comezará este “pequeno tour”, que se inaugurará este venres, as 19:00h da tarde, cun pasarúas e unha demostración no Xardín Umbrío, da localidade. As inscricións poden realizarse o sábado dende as 9:45 horas no pavillón multiusos de Vilanova, a un prezo de 35 euros.

    Unha actividade ca que non só se ensinará esta modalidade a cidadanía, senón ca que tamén se colaborará con aqueles que non teñen nada. A organización do evento recollerá alimentos non perecedoiros en favor de Cáritas.

      {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/25/ptac_capoeira_vilanova_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/25/ptac_capoeira_vilanova.mp4{/flowplayer}