Os bateeiros queren a Balseiro fóra da negociación da nova Lei de Pesca

    bateeiros100_070708.jpgVILAGARCÍA > Os representantes dos bateeiros acusan de mentir ó portavoz do PP na comisión de Pesca, José Manuel Balseiro.

    {flowplayer}images/salnes/comision_bateas.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > Os representantes dos bateeiros acusan de mentir ó portavoz do PP na comisión de pesca, José Manuel Balseiro. Os mexilloeiros critican ós populares por cambiar de postura sobre o concurso público. Para esta comisión a fórmula da información pública que defenden os populares é ‘un concurso público encuberto’.

    Na reunión que tiveron con Balseiro, os bateeiros preguntáronlle se coa proposta do PP garante que as bateas sigan sendo deles, tamén que pasaría se hai información pública e se presentan dúas solicitudes para a mesma batea, se habería renovación automática da concesión e que proposta está máis preto do sector, se a do PP ou a da comisión de bateeiros. E como resposta dixéronlles ‘non sei, … en Santiago tamén chove’. A comisión entende que é quen mellor pode defender ó sector e pide incluso ó presidente do PPdeG que aparte a Balseiro de calquera conversación sobre este asunto.

    Pois o parlamentario do PP José Manuel Balseiro saíu hoxe ó paso destas críticas, que cualificou de penosas e navalleiras. O portavoz popular insiste en que o seu partido non se comprometeu en nada coa comisión de bateeiros e que tampouco se ten modificado un ápice a súa postura sobre a fórmula de concesión de bateas na futura Lei de Pesca.

    Redacción Salnés