![]()
MEAÑO > Jorge Domínguez xa é presidente local do PP. Os 260 militantes desta formación apoiaron a súa candidatura.
{flowplayer}images/salnes/congreso_pp_meano.flv{/flowplayer}
MEAÑO > O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo e mailo provincial Rafael Louzán, clausuraron o sábado o congreso local de Meaño, no que saíu elixido como presidente local o alcalde de Meaño, Jorge Domínguez. Os 260 militantes populares avalaron así a labor feita por Domínguez, que nos últimos catro anos presidiu a xestora local. Neste congreso, o rexedor foi o único candidato presentado e convértese así no quinto presidente do PP de Meaño.
Os dirixentes rexional e provincial do PP recoñecen a Jorge Domínguez como un dos principais bastións da formación conservadora na comarca do Salnés. E por iso quixeron arroupalo neste congreso. Nos discursos dos populares non faltaron alusións á crise económica nin críticas á xestión da Xunta, sobre todo, á da Consellería de Política Territorial, por ter paralizado algúns plans xerais.
Redacción Salnés








