![]()
CAMBADOS> O monumento instalarase despois de que o grupo de goberno botase por terra a moción do BNG na que solicitaban a retirada da iniciativa.
{flowplayer}images/salnes/PLENO_CAMBADOS_FRAGA.flv{/flowplayer}
‘Imposición ideolóxica’, ‘demagoxia’, acusacións de exaltación do franquismo… foron algúns dos argumentos que onte cruzaron en Cambados oposición e grupo de goberno. Celebraban sesión plenaria, e na orde do día, un punto clave: a moción do BNG para solicitar ó executivo de Luis Aragunde que desistise da idea de instalar no municipio unha estatua na honra do ex-presidente da Xunta Manuel Fraga. Desde o concello defenderon a iniciativa alegando que se trataba dunha idea respaldada polo sector vinícola do municipio. O alcalde explicou que o seu financiamento correrá á conta dos viticultores, e non das arcas municipais. Aínda que o BNG non tardou en cuestionar este argumento.
Como xa adiantaran, o grupo socialista púxose do lado do Bloque para cuestionar a instalación do monumento por haber no concello, dixeron, ‘outras prioridades’; e insistiron xunto co BNG en coñecer o nome das persoas que financiarán esa escultura, detalle ó que o rexedor respondeu con evasivas.
Outra das bazas expostas pola oposición en contra da iniciativa foi a vinculación de Fraga co seu papel como ministro durante a época franquista.
Finalmente o Partido Popular fixo valer a súa maioría absoluta e rexeitou a moción, que contou cos únicos votos a favor de BNG e PSOE.
Redacción Salnés








