Medio millar de atletas participarán na terceira edición do Urban Trail Night

PONTEVEDRA> Chega á Boa Vila unha proba deportiva diferente e arriscada. A Urban Trail Night celebrará esta fin de semana a súa terceira edición. A organización espera que participen medio millar de atletas que terán a oportunidade de coñecer os lugares menos visibles da cidade.

14 quilómetros, un percorrido espectacular e unha proba deportiva única. Esas son as claves da nova edición do Urban Trail Night. Unha carreira na que os participantes descubrirán os lugares máis descoñecidos da cidade.

O percorrido comezará ás 20.00 horas na Illa das Esculturas, atravesará o centro da cidade e chegará ata a Praza de Touros. Un circuíto diferente e arriscado.

A organización espera que participen medio millar de atletas que necesitarán levar un pequeno complemento.

Para todos os que queiran asistir a esta carreira, o prazo de inscrición permanecerá aberto ata mañá as 23 horas.