Rasoeiro e Albariño Agnusdei continúan co seu calvario

balonman250_071008.jpgSALNÉS > Nin Rasoeiro nin Albariño Agnusdei pudieron cos seus rivais e continúan a ocupar os postos baixos da clasificación. Máis preocupante é a situación dos meañeses que contan seus catro partidos por derrotas.

O Rasoeiro encaixou a súa terceira derrota da temporada en catro partidos, despois de caer ante o líder Teucro Reale, fiflial do conxunto de Asobal. Mala primeira parte dos de Jaime García que se viron superados en todo momento polo conxunto pontevedrés, moi acertado en ataque e que tirou de galóns e calidade. Pouco a pouco foron abrindo distancia no marcador ata marcharse ós vestiarios co sete tantos de diferecia, 11-18.

Pero os grovenses, lonxe de baixar os brazos, arrimaron o ombreiro e fixeron un excelente segundo acto que a piques estivo de  ter a súa recompensa. Puxéronse serios en defensa e reaccionaron a base de contraataques. Juanjo foi de novo clave nesa faceta e axudou ó seu equipo con 12 goles. Pero a remontada non puido culminarse, quedáronse ás portas: 29-30 e os mecos quedan penúltimos no Grupo A aínda que deixando síntomas de recuperación.

Por outra banda o Albariño Agnusdei colleitou a súa cuarta derrota da temporada ante o Ártabro polo que continúa no derradeiro posto da xeral do Grupo B. Este foi sen dúbida o partido no que más opcións tiveron de victorias dos que disputaron ata o de agora, pero os nervos e a mala actuación arbitral xogáronlles unha mala pasada a seis minutos para o remtae. Dúas exclusións e a expulsión do adestrador-xogador Alejandro Touza, desequilibrou o encontro en favor do cadro local. Ó final, 29 a 24.

Na vindeira xornada o Rasoeiro enfrontaranse ó pechacancleas do seu grupo, o Atlético Novás mentres que o Agnusdei visita ó lider Explotacións Mineiras do Morrazo.

Redacción Salnés