O Est. Otero perde na casa e quédase na zona morna da xeral

tenisdemesa250_180209.jpgCAMBADOS> O Establecimientos Otero non puido co Termortur Calella e caeu derrotado co conxunto catalán en San Tomé nun partido moi igualado. Os cambadeses continúan na zona morna da clasificación pese á derrota.

O Establecimientos Otero perdeu unha moi boa oportunidade esta semana para dar un golpe de autoridade e meterse no grupo de cabeza que loita pola segunda posición da xeral. O seu verdugo foi o Termortur Calella, aínda que o conxunto barcelonés tivo que sudalo para levarse a victoria, por un resultado final de 3-4.

Liu Junhui volveu a ser o líder do equipo gañando os seus dous partidos de individuais mailo dobres xunto con Jacobo. Cun marcador favorable de 3-2 e pese a pelexalo, nin Enseñat nin Eduardo Barreiro puideron cos seus rivais nos partidos decisivos e deixaron marchar os puntos para Cataluña. Unha derrota que os coloca na zona morna da táboa, preto dos de arriba e cun colchón amplo co descenso, pese a que a permanencia aínda está por certificar.

A semana que ven descansarán, terán que agardar ata o día 28 para enfrontarse ó Lankide Gasteiz, equipo vitoriano que a día de hoxe é o pechacancelas.

En Segunda Nacional o Grupo Barros continúa imparabe e sumou unha victoria sin paliativos ante o Monteporreiro por 0-4, que os mantén invictos e a piques de clasificarse matemáticamente para a fase de ascenso. Na mesma categoría, o Joyería Enrique prosegue co seu calvario; desta volta perdeu 4-0 na pista do San Isidro, resultado que deixa ó conxunto cambadés prácticamente descendido.

En Primeira Nacional Femninina o Caixa Nova perdeu na casa por 1-4 ante o Avilés, nun partido máis desequilibrado do que se agardaba. Gema Cores foi a única capaz de sumar para o equipo.

Ademais, en Primeira Autonómica o Caixa Galicia impúxose por 2-4 ó Rábade, mentres que na Segunda Galega o Insucarpi dobregou ó Indugasa polo mesmo marcador, 2-4.

Redacción Salnés