BOIRO> O Club Deportivo Boiro deberá remontar este próximo domingo en Barraña o gol de desvantaxe co que regresou de terras rioxanas. Os de Gelucho caeron por dous goles a un ante o Náxera, nun encontro que estivo marcado pola mala actuación arbitral. A pesar de xogar un gran encontro, principalmente na primeira metade, mostrándose moi superior ó seu rival, nesta eliminatoria de ascenso á 2ªB, o Club Deportivo Boiro regresou de terras riojanas cunha derrota. 2 a 1 ante o Naxera. Esta xogada, ó cuarto de hora da segunda metade, marcou o devir do partido. O arbitro, a instancias do seu linier, concedeu este gol pantasma despois dun remate do defensa local Héctor nun saque de esquina. As protestas dos xogadores boirenses levaron á expulsión de Cardeñosa por dobre cartón amarelo. Ese tanto, que supuña o empate no marcador, deu alas ós locais, que a falla de dez minutos para o final, fóronse arriba, e noutra acción de estrategia conseguiría o dous a un definitivo tamén por mediación de Hector. O tanto do Boiro foi obra de Adrián Armental. Así as cousas os de Gelucho deberán remontar en Barraña se queren pasar esta primeira eliminatoria de ascenso. Abóndalles cun tanto.
Inicio Deportes