NOIA> A concellería de Cultura de Noia traballa nun acordo coa fundación Romero Blanco Monroy, propietaria da casa da cultura da localidade, que permita poder ampliar a sala museística das laudas gremiais. A intención de Cultura é obter autorización desta entidade para facer uso do baixo deste edificio para poder expoñer nel as laudas.
Dende o departamento de Cultura noiés remitíuselle unha carta ó presidente da fundación Romero Blanco Monroy para que que convocara unha reunión urxente da entidade e así poder tratar este tema no padroado. O obxectivo da solicitude non é outro que poder facer uso do baixo do inmoble da casa de cultura, que linda co cemiterio de santa María A Nova, para poder expoñer nel as laudas gremiais, moitas das cales seguen a estar amontoadas e á intemperie nos arredores do templo.
De obter a correspondente autorización para poder facer uso do espazo, Cultura Noia encargaríase da redacción dun proxecto para poder acoller as laudas, e iniciaría tamén unha rolda de contactos con outras administración na procura dos fondos para poder acometer a actuación.