RIBEIRA> Unha vintena de embarcacións participarán este sábado na decimo terceira volta a Sálvora-Regata Congalsa. A proba sairá das instalacións do porto deportivo de Ribeira para realizar un percorrido ó redor das illas de Rúa e de Sálvora. O itinerario definitivo establecerase o propio dia da regata en función do vento.
A Volta a Sálvora – Regata Congalsa chega este ano á súa decimo terceira edición batendo récord de participación. Máis de 20 embarcacións tomarán parte na proba que se celebrará este sábado con saída dende o porto deportivo de Ribeira.
O itinerario definitivo da regata decidirase unha hora antes da saída na reunión de patróns en función das condicións meteorolóxicas e especialmente do vento que decidirá a dirección do percorrido dependendo se sopra de norte ou de sur.
A entrega de premios terá lugar na sede do club náutico ó redor das sete da tardes e estará acompañada dunha degustación de produtos de Congalsa. A empresa amosou a súa satisfacción por seguir a patrocinar esta regata que, ó longo destes trece anos, está máis que consolidada no calendario deportivo da comarca.











