O PP de Ribeira reprocha ó goberno a perda dunha subvención para o polígono industrial

RIBEIRA> O PP de Ribeira denuncia a perda dunha subvención de repotenciación para o futuro polígono. Segundo a súa voceira, trátase dunha mostra máis do desinterese do goberno local por crear chan industrial no municipio.

Os populares de Ribeira denuncian o desinterese do actual goberno de materializar o proxecto do polígono industrial. Segundo a súa voceira, as xestións que dependen da administración municipal levan tempo paralizadas. A isto súmase a recente perda da primeira anualidade dunha subvención concedida pola Consellería de Economía e Industria para repotenciación.

María Sampedro sinala ademais que a Xunta mellorou este ano as bases da convocatoria, dividida en tres anualidade, para favorecer así que os concellos puidesen facer fronte á xustificación. Sen embargo, o de Ribeira considerouna inasumible, a diferenza dos outros catro municipios que si a executaron.