Desestimado o recurso da asociación de arqueoloxía contra a licitación do novo polígono de Ribeira

RIBEIRA> A entidade presentou unha reclamación ó entender que as tarifas dun dos apartados do concurso non eran, segundo ela, as axeitadas.

A tramitación do novo polígono de Ribeira que se construirá na contorna de Fontenla e Pedras Vermellas, na parroquia de Palmeira,salva outro pequeno atranco, despois de que o Tribunal de Contratación Pública de Galicia desestimara o recurso presentado pola Asociación Empresarial Galega de Arqueoloxía.

Segundo o alcalde, Manuel Ruíz, o proceso de execución do parque empresarial segue adiante, polo que confía en que ó longo deste mes poida ser aprobado pola Xunta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí