RIBEIRA> Trala aprobación do proxecto de urbanización do futuro polígono de Ribeira e a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, abrirase o prazo de exposición pública durante un mes a partir da data en que se notifique a tódolos interesados
O proxecto, elaborado pola empresa Monsa Urbanismo S.L., consta de máis de 700 páxinas e recolle diversos aspectos para materializar a urbanización dos preto de 260 mil metros cadrados de terreo no entorno de Fontenla e Pedras Vermellas.
Reserva máis de 156 mil para chan industrial, 65 mil a espazos libre e 35 mil ós sistemas viarios no que figura tamén a creación de 456 prazas de aparcamento.
O orzamento de licitación ascende a 12,5 millóns de euros e o prazo de execución é de 22 meses, cifras que o concello agarda que se reduzan durante o proceso de licitación a partir das ofertas presentadas.