O executivo boirés pretende a construción dunha nova depuradora

    mellorasdepuradoraboiro_110708.jpgBOIRO > Xa adxudicou a unha empresa o estudo da viabilidade do proxecto e a localización axeitada para a nova EDAR.

    Ademais de ter proxectada a implantación dunha nova depuradora no municipio de Boiro, Augas de Galicia está a acometer unha serie de melloras na actual estación de Cabo de Cruz. A actuación consiste na implantación do sistema de depuración terciario que permite a desinfección e osixenación das augas.

    O executivo boirés decidiu solicitar a acometida destas melloras ó ente autonómico Augas de Galicia ante o incremento de poboación que se rexistra durante o verán provocando que a depuradora se colapsara ó sobrepasar a súa capacidade. O aumento da poboación unido ó feito de que tamén estiveran conectadas á estación as industrias do polígono fixo necesaria a implantación da depuración terciaria para garantir a total desinfección das augas residuais.

    {flowplayer}barbanza/mellorasdepuradoraboiro.flv{/flowplayer}

    Estudo viabilidade

    Paralelamente a estas melloras, a piques de rematar e que supuxeron un investimento superior ós seiscentos mil euros, o concello está a estudar implantación dunha nova depuradora no municipio. Na actualidade, xa de adxudicou a unha empresa o estudo da viabilidade do proxecto e a localización axeitada para a nova EDAR.

    Redacción Barbanza