Un incendio calcina o primeiro andar dunha vivenda en Abanqueiro

    incendiocasaabanqueiro_110708.jpgBOIRO > Os bombeiros  de Boiro atenderon un incendio que afectou a unha vivenda de Abanqueiro e a outro que calcinaba un vehículo estacionado no casco urbano.

    O dispositivo de emerxencias dos bombeiros de Boiro tivo que ser activado en dúas ocasión por mor de dúas alertas de incendio. Afortunadamente, en ámbolos dous casos, a rápida intervención dos efectivos fixo que non houbera que lamentar máis que danos materiais.

    Vehículo calcinado 

    O primeiro dos avisos produciase arredor das sete da tarde, alertando dun incendio nun vehículo na rúa Dereitos Humanos. Os bombeiros acudiron de inmediato a sofoca-lo lume que afectou ó motor e parte do salpicadeiro do vehículo, un Seat Ibiza con matrícula M-9068-JM.

     {flowplayer}barbanza/incendiocasaabanqueiro.flv{/flowplayer}

    Susto en Abanqueiro

    Pasada media hora, os bombeiros recibían unha nova chamada por parte dun particular e da policía local de Boiro solicitando medios para a extinción dun incendio nunha vivienda sitiada no número 40 de Exipto, na parroquia de Abanqueiro. Os bombeiros procederon entón a apagar as lapas que afectaban á primeira planta do inmoble. A continuación, ventilaron a vivenda e colaboraron na retirada do material acumulado na habitación afectada. A intervención rematou arredor das nove e media da noite.

     

    Redacción Barbanza