Liberadas tres mulleres obrigadas a prostituírse en Noia

    NOIA> A Policía Nacional detivo en Noia a dúas mulleres e un home por delitos relacionados coa prostitución, contra o dereito dos traballadores e por coaccións e amezas. Presuntamente, forzaban a tres mulleres colombianas a exercer a prostitución nun piso da vila noiesa.  

      

     

     

    As investigacións comezaron xa en outubro pasado. Pero no marco da operación denominada “Boavista” a Policía Nacional detivo a semana pasada as dúas mulleres e un home por obrigar a exercer a prostitución a tres mulleres procedentes de Colombia nun piso desta rúa de Noia. A investigación policial puido determinar que as mozas procedías de zonas deprimidas deste país, onde foron captadas coa promesa dun traballo en España. AS vítimas tiñan prohibido saír da localidade de Noia se non era acompañadas. Debían dedicarse á prostitución as 24 horas dos sete días da semana, ata saldar a débeda que supostamente contraeran ó facilitarlles  a viaxe e o acceso ó noso país. As tres mozas secuestradas estarán a partir de agora baixo a protección policial e dos servizos sociais. E os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número DOUS da localidade de Noia.