SALNÉS/BARBANZA> A chuvia e o vento deixaron a súa pegada a xornada de hoxe en toda a Arousa. A Xunta de Galicia decretou a alerta laranxa en toda a costa co que é o primeiro temporal deste outono. O paso da borrasca bautizada como Beatriz deixou intensas precipitacións e fachas de vento superiores aos 100 quilómetros por hora.
A borrasca Beatriz azoutou con forza o litoral galego. As intensas precipitacións e as fortes fachas de vento, que nalgúns momento superaron os 100 quilómetros por hora, levaron á Xunta de Galicia a decretar a alerta laranxa.
A medida afectou de cheo aos concellos das comarcas do Salnés e do Barbanza. Pouco a pouco, os municipios foron anunciando a súa decisión de suspender as actividades deportivas ao aire libre previstas para a tarde. Tamén asumiron a medida da Comisión Escolar de Alertas, que xa dende o mediodía suspendeu as actividades no exterior dos centros educativos. Pola contra, si que se mantiveron as clases e o transporte escolar.
Nalgúns puntos como Vilagarcía de Arousa tomáronse medidas complementarias. Neste caso, a concellería de Medio Ambiente ordeou o peche dos principais parques, como O Castriño, A Compostela e A Coca. Tamén solicitaron á cidadanía que respecte os precintos para evitar riscos.
A alerta prolongarase ata esta medianoite.